Saturday 20 de April de 2024

Brión acolle este venres “Carvalho Calero. Sem fronteiras”, un recital poético-musical de Moisés Quintas e Aser Álvarez


Actividade de balde, se ben é preciso reservar localidade chamando ao 981 509 908

A sala municipal de exposicións de Brión acollerá este venres 13 de novembro, ás 20:00 horas, un recital poético-musical de Moisés Quintás e Aser Álvarez sobre a figura de Ricardo Carvalho Calero, persoeiro ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas. Así mesmo, proxectarase o documental “Carvalho Calero. Sem fronteiras”, unha viaxe audiovisual pola vida e obra do autor ferrolán.
A asistencia é totalmente gratuíta, se ben para cumprir cos protocolos de prevención da Covid-19 o aforo será limitado e será preciso reservar localidade chamando á Casa da Cultura de Brión (981 509 908). Así mesmo, as persoas que asistan deberán seguir as indicacións do persoal municipal e asistir con máscara, hixienizar as mans con xel hidroalcólico, manter a distancia de seguridade e permanecer na súa cadeira durante todo o espectáculo.